EDILES DO BNG-AA VISITARON AS INSTALACIÓNS DA SOCIEDADE PROTECTORA DE ANIMAIS E PLANTAS DE LUGO PARA COÑECER CAL É A REALIDADE DESTA INSTITUCIÓN

“Compre desbloquear a débeda do Concello coa Protectora para garantir o seu funcionamento”

IMG_3718

O voceiro dixo que “non é normal que o goberno meta todas as facturas no mesmo lote para intentar colar as que teñen reparos de legalidade”

“Compre desbloquear a débeda do Concello coa Protectora para garantir o seu funcionamento”

Lugo, 3 de maio 2017. Ediles do BNG-AA visitaron as instalacións da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo para coñecer cal é a realidade desta institución. Os ediles do BNG-AA manifestaron a súa preocupación pola situación de bloqueo no que o goberno socialista mantén ás débedas coa Protectora e que dificultan gravemente o funcionamento desta entidade que da cobertura a un servizo esencial para o propio concello. “Ademais da necesidade de axudas para mellorar as instalacións a Protectora conta cuns gastos correntes cuantiosos para o mantemento diario dos animais que alberga e que son coñecidos por todos” dixo Arroxo.

Rubén Arroxo felicitou á directiva da Protectora polo bon traballo que están a desenvolver “a pesar de todas as dificultades” e animou ao resto de grupos políticos do concello a “interesarse por coñecer cal é a realidade do día a día” desta entidade que “está dando solución a un problema desta sociedade e a cubrir un baleiro que as institucións públicas non están cubrir”. Arroxo sinalou que a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo está a recoller animais abandoados en diferentes concellos da comarca ademais do propio concello de Lugo.

O voceiro municipal do BNG – AA, Rubén Arroxo lembrou que “xa trasladamos ao goberno propostas para desatascar a situación e poder aprobar o expediente extraxudicial de crédito que afecta ás facturas impagadas á Protectora”. Arroxo foi moi crítico co goberno municipal e afirmou “trátase dunha mala xestión do goberno por que as facturas poden levarse a pleno en varios lotes e estamos seguros de que, dende a oposición, se facilitaría a aprobación, como en anteriores ocasións”.

Arroxo cualificou, tamé, de “destrutiva” a actuación do PP que votou en contra da aprobación do expediente e “busca o rédito político a conta do desgaste da institución e a conta de causar danos  moitas empresas, provedores e colectivos como a Protectora de Animais e Plantas”. Rubén Arroxo dixo que o BNG-AA absterase no caso daquelas facturas que non teñan reparo de legalidade por que “a responsabilidade da súa tramitación é do goberno socialista”. Existen traballadoras e traballadores que non van poder cobrar os seus salarios se o concello de Lugo non desbloquea esta situación e “por iso plantexamos esta solución que entendemos perfectamente viable” afirmou Arroxo.

“Compre desbloquear a débeda do Concello coa Protectora para garantir o seu funcionamento”