O CONCURSO ESTÁ ABERTO A TODAS AS RAPAZAS E RAPACES DE 12 A 18 ANOS MATRICULADOS EN CALQUERA DOS CENTROS EDUCATIVOS DE LUGO
A Concellería de Educación pon en marcha o XXX Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo
O concurso está aberto a todas as rapazas e rapaces de 12 a 18 anos matriculados en calquera dos centros educativos de Lugo
Maite Ferreiro: "Cada ano vemos a gran capacidade creativa da mocidade de Lugo"
Lugo, 19 de outubro de 2024. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura anunciou a posta en marcha do XXX Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo, no que poderán participar todas as rapazas e rapaces de 12 a 18 anos dos centros de ensino de Lugo. "Trátase dunha cita consolidada xa no calendario lucense e na que cada ano vemos a gran capacidade creativa da mocidade do concello", declarou Maite Ferreiro.
Cada persoa poderá presentar un máximo de tres relatos, que terán unha extensión máxima de 3000 palabras. O Certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, con tres premios cada unha.
As persoas gañadoras recibirán un diploma e un lote de libros, e a maiores repartiranse premios de distintos valores segundo as categorías. Se, ademais dos traballos premiados houbese, a xuízo do xurado, outras obras merecedoras de recoñecemento, poderanse outorgar mencións honoríficas.
Os relatos poderán presentarse até o 23 de decembro de maneira telemática, no enderezo electrónico da Concellería de Educación ([email protected]) ou de maneira presencial nas oficinas da concellería, no centro de convivencia Uxío Novoneyra.
Premios por categorías:
CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS
1º Diploma, lote de libros e premio de 200 €.
2º Diploma, lote de libros e premio de 100 €.
3º Diploma, lote de libros e premio de 70 €.
CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS
1º Diploma, lote de libros, e premio de 250 €.
2º Diploma, lote de libros, e premio de 130 €.
3º Diploma, lote de libros, e premio de 100 €