INSTALARASE MÁIS DE 1 MILLÓN DE MICROLEDS, QUE SE REPARTIRÁN NAS PRINCIPAIS VÍAS DA CIDADE, CON ESPECIAL PESO NO CAMIÑO PRIMITIVO

Comeza a montaxe do alumeado ornamental de Nadal

Acendido 2023
Acendido 2023

Instalarase máis de 1 millón de microleds, que se repartirán nas principais vías da cidade, con especial peso no Camiño Primitivo 

A Praza de Abastos e o Mercado Municipal contarán un ano máis con alumeado ornamental específico

Comeza a montaxe do alumeado ornamental de Nadal

 

 

Lugo, 19 de outubro de 2024. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, anunciou que vén de comezar a instalación do alumeado ornamental de Nadal do Concello de Lugo. O Alumeado de Nadal funcionará entre o 5 de decembro e o 6 de xaneiro de 2025, en horario de 18:00 a 00:30 horas durante a semana, e de 18:00 a 03:00 as fins de semana e vésperas de festivos. 

En total, o alumeado de Nadal conta con centos de elementos decorativos e 1.126.210 microleds. Este ano colocaranse nas distintas rúas e prazas arcos luminosos e distintos elementos ornamentais, entre os que destaca a decoración defarolas ou a colocación de figuras en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que contará como mínimo con 2.600 puntos de luz e a decoración de varias rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Noutras prazas, instalaranse outros motivos en 3D cun mínimo  de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.

O percorrido do Camiño Primitivo recibirá unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo serán decoradas con luces. A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, ten de 20 metros de altura e a praza Maior conta con figuras que poderán ser utilizadas como photocall. A nova praza da Mosqueira conta tamén con elementos decorativos de máis de 1.500 puntos de luz.

Comeza a montaxe do alumeado ornamental de Nadal