OLALLA RODIL: "ESIXIÁMOSLLE Á XUNTA DE GALIZA QUE ATENDA DE MANEIRA INMEDIATA AS DEMANDAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DA COMARCA DE LUGO E QUE DOTE OS CENTROS DOS RECURSOS NECESARIOS PARA GARANTIR A MÁXIMA CALIDADE DO ENSINO"

O BNG IMPULSA NO PARLAMENTO GALEGO INICIATIVAS PARA QUE SE CUBRAN AS NECESIDADES EDUCATIVAS DOS CENTROS DE ENSINO DE LUGO

Olalla Rodil: "Esixiámoslle á Xunta de Galiza que atenda de maneira inmediata as demandas da comunidade educativa da comarca de Lugo e que dote os centros dos recursos necesarios para garantir a máxima calidade do ensino"

"A Consellería de Educación debe retirar de maneira inmediata o aviso escrito que a Xefatura Territorial de Educación en Lugo enviou ás direccións dos centros educativos para impedir o acceso das ANPAS a datos oficiais", esixiu a deputada nacionalista

O BNG IMPULSA NO PARLAMENTO GALEGO INICIATIVAS PARA QUE SE CUBRAN AS NECESIDADES EDUCATIVAS DOS CENTROS DE ENSINO DE LUGO

 

Lugo, 19 de outubro de 2024.- A deputada nacionalista Olalla Rodil mantivo unha xuntanza coa presidenta da Federación Provincial de Anpas de Lugo (Fapacel) para comprobar e analizar a falta de recursos para a atención de Necesidades Educativas Especiais en centros educativos de Lugo e as medidas que debe impulsar a Xunta de Galiza ao respecto.

Malia a propaganda do Goberno do PP na Xunta de Galiza o inicio do curso escolar non está a ser tranquilo. Máis ao contrario, son centos os centros educativos de todo o País os que se están a mobilizar pola falta de profesorado ou mesmos os recortes educativos, entre outras cuestións.

A provincia de Lugo non escapa a toda esta situación tendo falla de profesorado e recortes educativos en centros como:

IES Lucus aAugusti, CEIP de Parga, CPI de Castroverde, CEIP Luís Pimentel, IES Gregorio Fernandez, IES Nosa Sra dos Ollos Grandes, CEIP da Pobra de Brollón, o Xosé Luís Taboada de Carballedo, o Vixe do Carme de Sober, o CEIP Eloísa Rivadulla de Chantada, o CEIP de Alfoz, o de San Clodio en Ribas de Sil, o Fondo de Nois, de Foz ou o CEIP do Vicedo, por citar algúns exemplos.

"É evidente que o principal alumnado damnificado en todos estes centros é aquel con Necesidades Educativas Especiais o que resulta aínda máis grave. Fronte a isto, a Xunta de Galiza replica con programas xa existentes como o Mega ou o Proa que non supoñen máis recursos dos que xa había" denuncia Olalla Rodil

Porén, malia as demandas da comunidade educativa a Xunta de Galiza optou por non dotar os centros con máis recursos e "algo que nos parece máis grave que foi enviar un aviso ás direccións desde a Xefatura Territorial de Educación advertindo que non podían proporcionar datos ás ANPAS" reprocha a deputada nacionalista, referidos a número de estudantes, unidades, alumnado con NEE ou con NEAE. "Unha advertencia que deixa ver o talante moi pouco transparente e democrático do Goberno do PP"acusa Rodil . Un auténtico despropósito para impedir que as familias coñezan a realidade dos centros aos que van os seus fillos e fillas e a denuncien se así o consideran necesario e oportuno.

"Dende o BNG rexeitamos de maneira contundente o escrito enviado pola Xefatura Territorial que trata as familias como alleas ao sistema educativo e pretende impedir que accedan a información pública. Que non se saiba en que situación se atopan os centros para impedir que se denuncie a falta de recursos", conclúe Olalla Rodil.

Asimesmo dende o Bng apoiamos a manifestación que o vindeiro 26 de outubro a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público vai celebrar en Santiago de Compostela.

O BNG IMPULSA NO PARLAMENTO GALEGO INICIATIVAS PARA QUE SE CUBRAN AS NECESIDADES EDUCATIVAS DOS CENTROS DE ENSINO DE LUGO