NAS VINDEIRAS SEMANAS EXECUTARANSE RENOVACIÓNS DE LUMNIARIAS NA CONTORNA DA CAPELA DAS SAAMASAS E NA RÚA DOS CHAOS, QUE REDUCIRÁN O CONSUMO DA REDE DE ALUMEADO EN 3.010 KWH AO ANO
A Tenencia de Alcaldía continúa co plan de renovación da rede de alumeado público
Nas vindeiras semanas executaranse renovacións de lumniarias na contorna da capela das Saamasas e na rúa dos Chaos, que reducirán o consumo da rede de alumeado en 3.010 kWh ao ano
Lugo, 20 de outubro de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou dúas novas intervencións planificadas pola Tenencia de Alcaldía dentro do plan de renovación da rede de alumedao público de Lugo. Arroxo explicou que "seguimos traballando en distintas zonas da cidade para garantir un alumeado público eficiente enerxeticamente e que garanta que non haxa zonas escuras nas rúas".
Nas vindeiras semanas actuarase na contorna da capela as Saamasas e na rúa dos Chaos, eliminando en total 14 luminarias de Vapor de Sodio de 70W, instalando puntos Led de 30W, o que permitirá aforrar 3.010 kWh ao ano. O alumeado permitirá unha maior harmonización da contorna, ao ser unha luz uniforme en toda a trama e ao unificarse a temperatura de cor. Con esta actuación mellorarase tamén a uniformidade lumínica, eliminando zonas escuras, e renovaranse elementos da instalación como caixas de conexión e conductores e reducindo o risco de avarías na rede.
Arroxo explicou que dende a chegada ao Goberno de Lugo "traballamos continuamente na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente". Os criterios utilizados á hora de realizar estas actuacións son a recuperación das luminarias existentes adaptándoas ás novas tecnoloxías, reducir os residuos xerados e os custos de implantación e a renovación do resto de elementos que conforman a rede de alumeado, o que diminúe as avarías e as molestias á veciñanza.