RUBÉN ARROXO E CRISTINA LÓPEZ ASISTIRON Á PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE QUE REUNIRÁ A ARTISTAS DA ILUSTRACIÓN DE TODO O PAÍS
Lugo acolle o 21 Encontro Galego de Ilustración organizado pola AGPI
Rubén Arroxo e Cristina López asistiron á presentación da actividade que reunirá a artistas da ilustración de todo o país
Arroxo: "Esta mostra non só é un recoñecemento ao talento galego, senón tamén unha oportunidade para achegar ao público o seu traballo"
Lugo, 21 de outubro de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, asistiron á presentación do 21 Encontro Galego de Ilustración, un evento anual organizado pola AGPI e cargado de obradoiros, charlas e presentacións en torno á ilustración e todo o que rodea á profesión.
Cada ano, o Encontro recorre cidades do país, sendo a de Lugo a escollida para esta nova edición. Rubén Arroxo destacou a "importancia darlle valor ao traballo das profesionais da ilustración, recoñecendo todo o tempo e esforzo que adican a cada creación e reivindicando a importancia desta arte como parte da cultura galega actual".
Os actos do Encontro celébranse en varias datas dende o 19 de outubro ao 9 de novembro, así como en varios emprazamentos da cidade como a EASD Ramón Falcón de Lugo e principalmente en O Vello Cárcere. A programación contará coa presencia de socias e socios AGPI como Aida Alonso, Augusto Metztli, Diego Estebo, Eva Agra, Gutián, Leandro Barea, Manel Cráneo e Santy Gutiérrez, e con autoras como Giovanna Lopalco ou Julia Lago. Tamén se ofrecerán charlas teórico-prácticas con Mónica Rodriguez, experta en creativos e desenvolvemento personal, e acompañamento musical a cargo de Iria Estévez.
Ademais, destacou o Tenente Alcalde, incluirase unha exposición nas instalacións do Vello Cárcere en conmemoración dos primeiros vinte anos de AGPI, composta de obras de socias e socios que reflectirá a evolución e diversidade do mundo da ilustración galega ao longo deste tempo. "Esta mostra non só será un recoñecemento ao talento galego, senón tamén unha oportunidade para achegar o público ao traballo dos profesionais que están detrás", explicou Rubén Arroxo.
PROGRAMACIÓN
SÁBADO 19 DE OUTUBRO
Escaparates ilustrados
– GIOVANNA LOPALCO (Libraría Biblos, escaparate na Av. Ramón Ferreiro)
XOVES 24 DE OCTUBRE
Escaparates ilustrados
– GUITIÁN (Libraría Lectocosmos, Praza do Campo Castelo, 19)
MARTES 22 DE OUTUBRO
– Obradoiro na EASD Ramón Falcón: "Deseño de persoaxes non normativos" por EVA AGRA.
VENRES 25 DE OUTUBRO
O Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n, 27002 Lugo)
17:00 h.
Charla-obradoiro "O sentido do humor e a súa relación co éxito na carreira
profesional dun ilustrador" por MÓNICA RODRÍGUEZ LIMIA
18:00 h.
Presentación Novo Caderno AGPI por AUGUSTO METZTLI
18:40 h.
Inauguración exposición conmemorativa dos XX anos de AGPI
amenizada pola música de IRIA ESTÉVEZ en formato dúo
SÁBADO 26 DE OUTUBRO
O Vello Cárcere
11:00 h.
Benvida a cargo de LAURA ROMERO (presidenta de AGPI) e AUGUSTO METZTLI (Vicepresidente)
11:15 h.
Charla "E ti de cándo eres?" Modera NEVES RODRÍGUEZ.
Participan: SANTY GUTIÉRREZ e MANEL CRÁNEO.
12:15 h.
Pausa para o café
12:45 h.
Charla-obradoiro "Podería funcionar" por LEANDRO BAREA.
Tarde:
16:00 h.
Charla-obradoiro "Debuxo e moito bla bla bla" por JULIA LAGO.
17:00 h.
Charla-obradoiro sobre collage "Crea persoaxes xogando con papel" por DIEGO ESTEBO
SÁBADO 9 DE NOVEMBRO
O Vello Cárcere
12:00 h.
Obradoiro para nenos/as "Cal é o teu libro favorito?" por AIDA ALONSO