A concellería de Educación reabre a Escola Infantil Municipal Luís Soto Menor
Felipe Rivas: "desde o coñecemento dos contaxios traballamos da man coa Xunta de Galiza para poder reabrir canto antes"
O edil de Educación afirmou que “as escolas infantís municipais aplican protocolos estritos para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio”
Lugo, 12 de decembro de 2020. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou da reapertura, a partir de mañá, da Escola Infantil Municipal Luís Soto Menor, que pechou nos pasados días debido á aparición de casos de COVID entre o persoal. Felipe Rivas afirmou que "desde o coñecemento dos contaxios comezamos a traballar da man coa Xunta de Galiza para poder volver abrir as instalacións canto antes”.
Felipe Rivas informou que "as autoridades sanitarias realizaron un cribado realizado entre persoal e alumnado, e o resultado permitiunos reabrir garantindo a seguridade das nenas e nenos". Ademais, as instalacións foron desinfectadas seguindo os protocolos elaborados polo Concello de Lugo.
“Desde a concellería de Educación seguimos traballando para ofertar este servizo público nas mellores condicións para garantir a seguridade de todas as persoas usuarias”, explicou Felipe Rivas, que engadiu “as escolas aplican protocolos estritos para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio dentro das instalación”.