O BNG de Guitiriz denuncia o estado da Casa da Botica
Este edificio sufriu un derrubamento da fachada na pasada fin de semana
O voceiro municipal, Xosé Lois Souto ‘Pereira’, esixe ao goberno municipal un maior control e que se cumpran os acordos acadados coa Deputación
Guitiriz, 12 de xaneiro de 2021.- O Bloque Nacionalista Galego en Guitiriz denuncia a falta de control e responsabilidade do goberno municipal sobre a Casa da Botica, debido a que nesta pasada fin de semana o edificio sufriu un derrubamento da súa fachada.
Por esta razón, o bloque en Guitiriz insta ao goberno municipal aplicar os debidos controis e que se formalicen os compromisos acadados coa Deputación para pór en marcha as obras de rehabilitación, xa que neste edificio está proxectado e orzamentado a futura residencia de maiores de Guitiriz.
Xosé Lois Souto “Pereira”, voceiro municipal do BNG en Guitiriz, declarou “os danos materiais que sufriu a Casa da Botica esta fin de semana, amosan a actitude e o interese do goberno municipal para mellorar a vida da veciñanza” o que recalcou “ é inadmisible que a Casa da Botica continúe neste estado pola deixadez, conta con orzamento e proxecto de residencia de maiores, só fai falta aplicar os compromisos que se acadaron”