Rubén Arroxo participará na charla de Galiza Nova sobre a situación da vivenda en Lugo

Poderá seguirse na páxina de Facebook de Galiza Nova o vindeiro xoves 14 a partir das 20 horas 

Vivenda en Lugo e mocidade, contará tamén co exdeputado do BNG Cosme Pombo

Rubén Arroxo participará na charla de Galiza Nova sobre a situación da vivenda en Lugo

Lugo, 24 de febreiro de 2020. A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, desenvolverá unha charla informativa sobre a situación de acceso á vivenda na mocidade en Lugo. Nesta charla participará o voceiro municipal e tenente-alcalde de Lugo, Rubén Arroxo e Cosme Pombo, exdeputado do BNG no Parlamento galego.

Alexandre Espiño, responsábel comarcal de Galiza Nova en Lugo, sinalou que “ o acceso á vivienda en Lugo é cada vez máis difícil, a continua suba dos prezos fai imposíbel iniciar un proxecto de vida independente”. Neste senso, sinalou ademais que “a crise da COVID-19 non fai máis que agravar esta situación, onde cos traballos precarios e salarios baixos imposibilitan calquera emancipación”

Na charla abrirase o debate sobre a necesidade de mudar as políticas sobre o dereito á vivenda, comoa creación dunha bolsa de de viviendas, políticas para abaratar o alugueiro ou aplicacións fiscais sobre os grandes propietarios. A charla poderá seguirse en directo, a través da páxina de Facebook de Galiza Nova da comarca de Lugo (facebook.com/galizanovalugo), a partir das 20 horas.

Rubén Arroxo participará na charla de Galiza Nova sobre a situación da vivenda en Lugo