A Concellería de Educación repara o muro do CEIP Luís Pimentel

O muro, situado na rúa Santo Graal, foi demolido e reconstruído

A Concellería de Educación repara o muro do CEIP Luís Pimentel

Lugo, 10 de setembro de 2019.  O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitou o muro do CEIP Luís Pimentel, que foi reparado nas últimas semanas. Segundo Felipe Rivas, “a substitución do muro, xunto coa recente reforma da rúa, contribúe a unha mellora estética do centro e do seu entorno”.

 

Esta actuación, que fora unha das propostas elixidas polos últimos orzamentos participativos, consistiu na demolición do actual muro, construíndo un similar ao existente no mesmo colexio do lado da rúa Gallego Tato. Para minimizar as molestias ás veciñas e veciños da zona, habilitouse un paso seguro para os peóns pola zona de estacionamento.

 

Con esta actuación, as áreas de Educación e Infraestruturas garanten as boas condicións do entorno do colexio público, mellorando tamén a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna. Segundo o concelleiro de Educación, os centros escolares teñen que ter as atencións necesarias por parte do Concello.

A Concellería de Educación repara o muro do CEIP Luís Pimentel