A concellería de Infraestruras realiza mantementos no Aparcadoiro Municipal do HULA
Alexandre Penas: “realizaremos os mantementos precisos para que este aparcadoiro esté nas mellores condicións posíbeis”
Estas operacións de mantemento non implican custos para o concello, xa que están contempladas no contrato da obra
Lugo, 31 de xaneiro de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou xunto con persoal municipal o Aparcadoiro Municipal do HULA, onde durante os pasados días se realizaron actuacións de mantemento. “Debido ao material utilizado, os aparcadoiros realizados con este tipo de materiais requiren de mantementos periódicos”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “estas operacións de mantemento non implican un custo a maiores para o Concello, xa que están contempladas no contrato orixinal da obra”.
“Dende a área de Mobilidade realizaremos os mantementos precisos para que este aparcadoiro municipal esté nas mellores condicións posíbeis”, afirmou o edil de Infraestruturas, que engadiu “coa actuación realizada no ano 2019, reduciuse o tamaño das fochancas, que antes incluso chegaban a producir que os vehículos quedaran atrapados”.
“O ideal sería poder usar material asfáltico, mais dada a clasificación urbanística do terreo, esta é a mellor das solucións”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “noutras cidades existen aparcadoiros deste tipo, como son os existentes en terreos afectados pola protección de costas, os cales levan anos funcionando co mantemento correspondente”.