A concellería de Infraestruturas continúa coa mellora da rede de alumeado público municipal no centro da cidade
O concelleiro Alexandre Penas explicou que “nestes días estase a mellorar a imaxe das farolas do centro da cidade”
Durante os últimos meses, o Goberno de Lugo renovou a totalidade do alumeado público do centro, “apostando polas luminarias LED que reducen o consumo eléctrico”
Lugo, 10 de setembro de 2022. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo está a realizar unha serie de actuacións no centro para mellorar a imaxe da rede de alumeado Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas, explicou que “estamos a traballar no repintado das farolas, unha actuación que permitirá garantir a boa imaxe destes elementos no casco histórico, onde ademais cumplen un importante papel na decoración da vía pública”
“A nova iluminación mellorou reduciu o consumo enerxético, mantendo a estrutura, a estética, e a temperatura luminosa da instalación actual”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “aumentamos a visibilidade do entorno, mellorando ao mesmo tempo a seguridade da veciñanza da contorna”.
Alexandre Penas lembrou que “desde a nosa chegada ao goberno fixemos un importante investimento na mellora do alumeado público”, e engadiu “nos últimos tres anos investíronse máis de 3 millóns de euros na renovación da rede de alumeado, implantando luminarias LED de baixo consumo, e aplicando a perspectiva de xénero para evitar contar con zonas escuras”.