Alexandre Penas anuncia novas intervencións da concellería de Infraestruturas nos barrios da cidade

O Goberno de Lugo vén de colocar novos bancos no barrio da Cheda, despois das distintas intervencións realizadas nos últimos meses

“Seguimos traballando nos distintos barrios atendendo ás solicitudes veciñais”, explicou o concelleiro de Infraestruturas

Alexandre Penas anuncia novas intervencións da concellería de Infraestruturas nos barrios da cidade

Lugo, 13 de setembro de 2022. Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, xunto con Cristina López, responsábel da área de Participación, achegáronse ata o barrio da Cheda, onde o Goberno de Lugo vén de continuar cos traballos de mellora da contorna colocando novos bancos para a veciñanza.  O Goberno de Lugo vén de colocar novos bancos na contorna da Cheda, “unha actuación que mellora enormemente a calidade de vida da veciñanza do barrio da Cheda ao crear zonas de convivencia para as veciñas e veciños”, explicou o concelleiro.

Alexandre Penas lembrou os traballos xa executados polo goberno de Lugo nos últimos meses, entre os que destacan a renovación do alumeado público ou a actuación integral executada na pavimentación de varias vías do barrio, feita no ano 2020, e que se completou no 2021 coa renovación das beirarrúas do barrio.

Alexandre Penas lembrou que “desde o Goberno de Lugo traballamos na atención aos distintos barrios, atendendo ás peticións das veciñas e veciños sobre as zonas nas que desenvolven a súa vida”. “As peticións da veciñanza, xunto coas visitas que realizamos por toda a cidade permítennos planificar o traballo que realizamos, buscando mellorar a calidade de vida  e o benestar das veciñas e veciños”, afirmou o edil de Infraestruturas.

Alexandre Penas anuncia novas intervencións da concellería de Infraestruturas nos barrios da cidade