A concellería de Infraestruturas executa intervencións complementarias aos cambios de tráfico no centro

Alexandre Penas: “buscamos mellorar a maniobrabilidade dos vehículos nos novos percorridos e aumentar as prazas de estacionamento”

Entre as actuacións realizadas, destacan a ampliación da beirarrúa do Vello Cárcere e a reforma da unión das rúas San Roque e Hermanitas,

A concellería de Infraestruturas executa intervencións complementarias aos cambios de tráfico no centro

Lugo, 03 de setembro de 2021.  O concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, informou das actuacións realizadas nas últimas semanas na contorna do centro para, segundo indicou “complementar os cambios de tráfico permitindo unha mellor maniobrabilidade nos novos percorridos, aumentando espazos para os peóns e gañando máis prazas de estacionamento nas proximidades do centro da cidade”.

 

A concellería de Infraestruturas aumentou a beirarrúa fronte ao Vello Cárcere, unha actuación solicitada pola área de Cultura para permitir maior comodidade ao acceder a esta instalación cultural e turística. Alexandre Penas destacou que “o Vello Cárcere é unha das instalacións culturais e turísticas máis importantes da cidade e esta actuación permitirá mellorar a estética do lugar, ao contar cunha beirarrúa máis ampla”. Ademais, modificouse a saída do aparcadoiro soterrado da praza da Constitución para adaptala ao novo itinerario da zona.

 

Na avenida Anxo López Pérez eliminouse a parada de bus urbano o que permitiu gañar novas prazas de estacionamento na zona. Por último, a beirarrúa da rúa San Roque, no cruce coa rúa Hermanitas, foi modificada para permitir un maior espazo de maniobra ao contar esta rúa con máis densidade de tráfico.

 
 
 
A concellería de Infraestruturas executa intervencións complementarias aos cambios de tráfico no centro