O Tenente Alcalde e o concelleiro de Educación abriron o novo curso na Escola Infantil Serra de Outes

Rivas: ”as instalacións dependentes da concellería de Educación contan con protocolos actualizados tendo en conta a situación sanitaria actual”

 

As escolas infantís municipais recuperaron as prazas eliminadas no curso pasado ao mellorar a situación sanitaria

O Tenente Alcalde e o concelleiro de Educación abriron o novo curso na Escola Infantil Serra de Outes

Lugo, 06 de setembro de 2021.  O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitaron a Escola Infantil Municipal Serra de Outes, que vén de retomar a actividade co inicio do novo curso. Rivas explicou que “desde a concellería de Educación traballamos para que as familias tivesen o máis fácil posible iniciar un novo curso”, e engadiu “as distintas escolas infantís recuperaron as prazas que o curso pasado se tiveron que eliminar, dado que a situación sanitaria mellorou”.

A concellería de educación traballou para axilizar tamén a tramitación das axudas para libros de texto e material escolar, “unha axuda que ano a ano permite a moitas familias que as súas fillas e fillos conten co material necesario para a escola, e que este ano estarán tramitadas en poucas semanas, acelerando o proceso case tres meses con respecto a anos anteriores”.

Felipe Rivas lembrou que “as instalacións dependentes da concellería de Educación contan con protocolos actualizados á situación sanitaria do novo curso, sempre tendo en conta a situación sanitaria actual”.

O Tenente Alcalde e o concelleiro de Educación abriron o novo curso na Escola Infantil Serra de Outes