As Casas das Linguas municipais abren o período de inscrición para o curso 2021-22
As Casas das Linguas ofertan cursos de galego, portugués, inglés, francés e alemán
Os horarios das aulas e os formularios para inscribirse nos distintos cursos poden atoparse no blog das casas das linguas
Lugo, 03 de setembro de 2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou da apertura do período de inscrición nas casas das linguas para o curso 2021-22. O período de inscricións e estenderase ata o 14 de setembro, e as listas publicaranse durante o 15 de setembro.
As persoas que desexen anotarse a algún dos cursos ofertados (galego, portugués, inglés, francés e alemán) deberán presentar a documentación necesaria: fotocopia do DI, folla de inscrición, fotografía de tamaño carné e xustificante de pago de taxas para os maiores de 14 anos, ademais da autorización familiar e fotocopia do DI do pai, nai ou titor legal no caso das menores de idade.
Entre o 16 e o 24 abrirase o proceso de matrícula, unha vez publicadas as listaxes de admisión aos cursos. As clases darán comezo o luns 27 de setembro. Pode consultarse máis información no blog das casas das linguas municipais.