A CONCELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS INVESTIU 29.297,73€ NESTA ACTUACIÓN

A concellería de Infraestruturas pavimenta a parte posterior dos edificios da avenida da Coruña 485 a 493

Alexandre Penas: “trátase dunha zona moi utilizada como aparcadoiro pola veciñanza da que non está previsto o seu desenvolvemento”

A concellería de Infraestruturas pavimenta a parte posterior dos edificios da avenida da Coruña 485 a 493

Lugo, 02 de xuño de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou do inicio dos traballos de pavimentación da parte traseira da avenida da Coruña, á altura dos números 485 a 493. Segundo declarou Alexandre Penas, “trátase dun terreo utilizado pola veciñanza da zona tanto como aparcamento de vehículos como para acceder ás vivendas e naves da contorna”.

“Vemos necesaria esta actuación debido a que non está prevista ningunha iniciativa para o seu desenvolvemento a curto prazo”, informou Alexandre Penas. Os traballos a realizar inclúen na escavación e nivelado do terreo con aglomerado en quente, asfaltado en quente e adaptación á intersección coa avenida da Coruña, xunto co pintado dun paso de peóns e a súa sinalización.

A actuación foi adxudicada a Construcciones Leonardo Miguélez S.L. cun orzamento de 27.297,73€. Desde a concellería de  Infraestruturas Urbanas pídese á veciñanza circule con precaución na zona na que se están a realizar os traballos.

A concellería de Infraestruturas pavimenta a parte posterior dos edificios da avenida da Coruña 485 a 493