O CONCELLEIRO DE INFRAESTRUTURAS LEMBROU QUE “AS SOLICITUDES DA VECIÑANZA SON UN PIAR IMPORTANTE PARA PLANIFICAR E AS MELLORAS”

A concellería de Infraestruturas Urbanas continúa as labores de mantemento das vías públicas en Galegos

Alexandre Penas: “vimos de realizar o asfaltado da estrada que une a rúa do Ripanzo coa urbanización Castro Gil, unha actuación necesaria debido ao estado da vía”

A concellería de Infraestruturas Urbanas continúa as labores de mantemento das vías públicas en Galegos

Lugo, 17 de setembro de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron os traballos de mantemento de vías públicas que se están a realizar en Galegos. Penas informou que “no mes de decembro do ano pasado realizamos o asfaltado da rúa do Ripanzo e agora continuamos a actuar na zona renovando a pavimentación da vía que une esta rúa coa urbanización Castro Gil”. Segundo Alexandre Penas, “é unha actuación necesaria para mellorar esta vía, que levaba moitos anos sen recibir mantemento”.

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consiste na aplicación dunha capa de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor, xunto co pintado da sinalización horizontal e a instalación de novos sinais verticais de indicación. “Con esta intervención pretendemos solucionar desta maneira unha solicitude que a veciñanza da contorna nos fixo chegar e mellorar a súa calidade de vida”, afirmou Alexandre Penas.

O edil de Infraestruturas agradeceu as solicitudes que as veciñas e veciños transmiten á concellería de Infraestruturas. “As veciñas e veciños son quen as coñecen de primeira man as necesidades que precisa cada zona de Lugo”, declarou Alexandre Penas, que engadiu “iso, xunto coas visitas que realizamos aos distintos barrios son os piares da planificación de traballo que realizamos”.

A concellería de Infraestruturas Urbanas continúa as labores de mantemento das vías públicas en Galegos