O Concello de Lugo acudirá a FITUR para promocionar as excelencias turísticas de Lugo
Maite Ferreiro: “o noso obxectivo non é novo, continuar a ensinarlle ao resto do mundo que é o que fai especial o sitio no que vivimos e convidalos a descubrilo con nós”
A presentación do Concello de Lugo tivo lugar hoxe no espazo de Galiza da Feira Internacional de Turismo
Lugo, 3 de xaneiro de 2023. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistirá un ano máis á Feira Internacional de Turismo Fitur, onde realzará a cidade de Lugo e os seu valores turísticos. Maite Ferreiro explicou que “o obxectivo deste ano é continuar amosandolle ao resto do mundo Lugo e os seus valores paisaxísticos, gastronómicos e culturais. Convidamos a todo o mundo a descubrilo con nós”. A concelleira de Turismo afirmou que “os datos están xa a demostrar que esta campaña está dando os seus froitos, e Lugo estase a posicionar como un punto importante no turismo tanto polo patrimonio co que contamos como pola proximidade co resto de Galiza”.
A campaña Lugo Km 100 e as festas de San Froilán serán os eixos sobre os que pivotará a promoción da cidade na edicion deste ano de FITUR. "Tratase dunha aposta para poñer en valor a cidade de Lugo e o seu patrimonio histórico e cultural" explico Maite Ferreiro. "Houbo diversas accións polas distintas áreas da Tenencia de Alcaldía para promocionar Lugo como punto de partida do Camiño Primitivo cumprindo cos 100 Km mínimos que se requiren para obter a Compostela, tamén fixemos unha festas do San Froilán a altura merecida" dixo a edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.