O Concello de Lugo informará á Policía sobre a reventa de entradas de concertos do San Froilán

Maite Ferreiro
Maite Ferreiro

Maite Ferreiro: "vimos anuncios de reventa de entradas en redes sociais e avisaremos á Policía para que investigue estas situacións e aplique os protocolos habituais"

A reventa de entradas é ilegal segundo a lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galiza

O Concello de Lugo informará á Policía sobre a reventa de entradas de concertos do San Froilán

Lugo, 04 de outubro de 2021. A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que os servizos xurídicos do Concello de Lugo poñerán en coñecemento da Policía a reventa de entradas que se está producindo cos concertos do San Froilán 2021. Maite Ferreiro explicou que “nestes días vimos nas redes sociais distintos anuncios sobre reventa de entradas para os concertos, situacións que poñeremos en coñecemento das autoridades para que realicen as investigacións e apliquen os protocolos habituais”.

A edil de Cultura pediu á veciñanza “que non compre entradas para concertos nin para outras actividades que non procedan do portal de entradas do Concello de Lugo”.

A lei 10/2017 do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galiza prohibe explícitamente no seu artigo 18.4 a reventa de entradas en papel ou en calquera outro medio ou soporte electrónico, e explica no artigo 18.5 que a reventa se produce cando o prezo de reventa sexa superior ao de adquisición.  

Maite Ferreiro explicou que “as entradas para todos os concertos entregáronse de xeito gratuíto a través do portal de venta de entradas, como maneira de control de aforo e asistencia”, e lembrou que “tal e como se indica na web do San Froilán, as entradas son válidas ata 5 minutos antes do inicio do espectáculo, e unha vez cuberto ese marxe de tempo cubriranse as localidades libres en cada recinto coas persoas que se achegaran sen entrada”.

 

O Concello de Lugo informará á Policía sobre a reventa de entradas de concertos do San Froilán