AS ACTIVIDADES SERÁN ANUNCIADAS NOS VINDEIROS DÍAS E TERÁN LUGAR NO VELLO CÁRCERE

O Concello organiza unhas xornadas para celebrar o 19 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Maite Ferreiro anunciou as xornadas acompañada de persoas involucradas que participaron na consecución da declaración da Muralla como Patrimonio

O Concello organiza unhas xornadas para celebrar o 19 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Lugo, 14 de outubro de 2019. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou en rolda de prensa que con motivo do 19 aniversario da declaración por parte da UNESCO como Patrimonio da Humanidade se organizarán unhas xornadas "nos días previos á celebración o 30 de novembro", nas que se contará con persoas "que traballaron para conseguir a declaración de Patrimonio da Humanidade".

Na presentación, Maite Ferreiro estivo acompañada por Branca Rodríguez Pazos, Adolfo de Abel Vilela, Cándido Sánchez Castiñeiras e Luz Darriba, catro persoas que “tiveron un papel importante no longo camiño que foi conseguir a declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade”, indicou Maite Ferreiro.

As xornadas contarán con contidos formativos, onde participarán persoas que colaboraron para conseguir a declaración da Muralla e contidos lúdicos. Maite Ferreiro indicou que “as xornadas desenvolveranse no Vello Cárcere e o programa publicarase nos vindeiros días”.

O Concello organiza unhas xornadas para celebrar o 19 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade