O concello promociona as instalacións culturais en distintas campañas a nivel galego e internacional

Durante febreiro, a violonchelista Margarida Mariño e o multiinstrumentista Abraham Cupeiro gravarán as súas obras en Lugo grazas á espectacularidade dos seus edificios

Maite Ferreiro: “a singularidade de edificios como o MIHL e o Vello Cárcere son un gran reclamo a nivel estatal e internacional”

O concello promociona as instalacións culturais en distintas campañas a nivel galego e internacional

Lugo, 16 de febreiro de 2021. Durante os vindeiros días, as instalacións dependentes da área de Cultura acollerán a gravación de videoclips de recoñecidas artistas galegas. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, “a singularidade de edificios como o MIHL e o Vello Cárcere converten a Lugo nun atractivo para moitas campañas de publicidade, o que fai que o noso concello teña unha gran promoción a nivel estatal e internacional ”.

A violonchelista Margarida Mariño fará uso do MIHL para a gravación do videoclip “alcume”, que se estreará durante a última semana de febreiro na TVG. Ademais, o multiinstrumentista Abraham Cupeiro gravará no Vello Cárcere o seu vindeiro videoclip. Maite Ferreiro afirmou que “no último ano e medio, múltiples artistas e marcas solicitaron o MIHL e o Vello Cárcere para ser a imaxe das súas campañas”, e engadiu “trátase de importantes marcas do sector da automoción e da moda, que promocionaron a cidade a nivel mundial”, e destacou que “o MIHL foi escollido pola Spain Film Comision como unha localización a destacar de cara á gravación de obras audiovisuais”.

Maite Ferreiro destacou que ”desde a área de Cultura favorecemos tamén que as agrupacións locais poidan utilizar estas instalacións como imaxe para a súa música”. A edil de Cultura lembrou que “grupos como Infrarroja ou Telémaco, xunto co Conservatorio de Danza, utilizaron o MIHL e o Vello Cárcere durante os últimos meses para gravar vídeos musicais”.

 

O concello promociona as instalacións culturais en distintas campañas a nivel galego e internacional