Un cento de persoas participaron no certame de disfraces Entroideando 2021
“O certame de disfraces do Entroideando 2021 non ten carácter competitivo, pretendemos fomentar a participación veciñal”, explicou Maite Ferreiro
Entre todas as participantes sortearanse 64 vales de 60€ para gastar nas librarías locais
Lugo, 17 de febreiro de 2021. Na mañá de hoxe pechouse o prazo para participar no certame telemático de disfraces Entroideando 2021, no que participaron preto de 100 persoas. Maite Ferreiro destacou “a boa acollida que tivo a proposta entre as veciñas e veciños de Lugo, o que nos permitiu lembrar o carácter lúdico do Entroido, dado que este ano a situación da pandemia non permitiu manter as actividades presenciais”.
Maite Ferreiro lembrou que “o certame de disfraces Entroideando 2021 non ten carácter competitivo, senón que desde a área de Cultura pretendemos fomentar o carácter lúdico do Entroido, tanto con disfraces caseiros como con disfraces máis elaborados”, e engadiu “nos vindeiros días realizarase o sorteo dos premios, no que todas as persoas que participen terán as mesmas posibilidades de gañar algún dos premios”. Entre todas as participantes sortearanse 64 vales de 60€ para mercar nas distintas librarías locais.
As actividades do Entroido complementáronse con 6 concertos telemáticos, emitidos entre o sábado 13 e o martes 16 na páxina de Facebook da área de Cultura, e que en total chegaron a máis de 7.000 persoas. Maite Ferreiro destacou “o éxito deste formato nunhas datas nas que a veciñanza non se podía achegar ás instalacións culturais”,