“ESTASE OBRIGANDO A LIMPAR SOLARES EN TODO LUGO, PERO VEMOS COMO NON SE APLICA O MESMO RASEIRO CON ESPAZOS DA XUNTA QUE ESTÁN NO CASCO HISTÓRICO” AFIRMOU RUBÉN ARROXO

“O Concello ten que denunciar á Xunta por incumprir a ordenanza de medio ambiente na Tineria” dixo Arroxo

IMG_9832

O BNG-AA presentou unha solicitude formal para que o goberno municipal actúe e aplique a ordenanza de medio-ambiente, tamén, nos terreos propiedade da Xunta

“O Concello ten que denunciar á Xunta por incumprir a ordenanza de medio ambiente na Tineria” dixo Arroxo

Lugo, 2 de xuño 2017. O BNG ven de rexistrar unha solicitude formal para que o goberno municipal actúe e aplique a ordenanza de medio-ambiente, tamén, nos terreos propiedade da Xunta. Rubén Arroxo explicou que “no barrio da Tinería, en pleno casco histórico, a Xunta ten terreos que se atopan nun estado selvático e mesmo a maleza empeza a invadir a vía pública”. “Estase obrigando a limpar solares en todo Lugo, pero vemos como non se aplica o mesmo raseiro con espazos da Xunta que están nunha zona emblemática da cidade” afirmou Rubén Arroxo.

Na ordenanza de medio-ambite do Concello de Lugo está reflectido, no punto 1º do artigo 302, que Os propietarios de soares que linden coa vía pública deberán valalos con cerramentos permanentes situados na aliñación oficial, mantelos libres de residuos e en condicións de hixiene, seguridade e ornato de conformidade co disposto nos artigos 21 e 245 da Lei do Solo. O voceiro do BNG afirmou que “o que ocurre nos predios da Tinería que son propieade da Xunta é todo o contrario a esta disposición da ordenanza, están cheos de maleza e totalmente abandonados, ademais de crear problemas pola presencia de fauna e lixo”.

Para o BNG –AA estase a cometer “un auténtico agravio comparativo” entre a veciñanza e as institucións por que “estáse esixindo e incluso sancionando a moitas persoas que incumpren a norma, mentres á Xunta se lle está permitindo o incumprimento en pleno centro da cidade”. A ordenanza de medioambiente tamén establece, en relación á limpeza dos solares, a esixencia da desratización e desinfección dos soares.

O voceiro do BNG-AA sinalou que “esto é unha das consecuencias do abandono e a falta de investimentos aos que o PP ten sometido o barrio da Tineria onde non se fixo nada dende a chegada de Núñez Feijoo ao goberno galego”. Arroxo dixo, tamen, que “o goberno municipal non debería ser complice deste abandono e podería utilizar os recursos legais cos conta o concello para esixirlle á Xunta, por exemplo, o adecentamento daqueles espazos que son propiedade da Xunta de Galiza”.

Actuación subsidiaria

Arroxo sinalou que, tale e como marca a norma, “o concello podería, por motivo de interese público e se for necesario, asumir subsidiariamente as obrigas do propietario”. Para o BNG-AA este sería o caso da Tinería se a Xunta non atende as demandas do Concello “por que debe ser unha actuación prioritaria preservar unha zona que forma parte de bens declarados Patrimonio da Humanidade”.

“O Concello ten que denunciar á Xunta por incumprir a ordenanza de medio ambiente na Tineria” dixo Arroxo