RUBÉN ARROXO PEDIU QUE “AGORA QUE PP E PSOE ANUNCIAN XEODESTINOS EN LUGO, NON SE POÑAN MÁIS IMPEDIMENTOS PARA POTENCIAR UN DOS RECURSOS MÁIS EMBLEMÁTICOS DE LUGO”
O BNG-AA continuará co seu proxecto de zona pública de baño a pesar das trabas do PSOE na Deputación
No escrito presentado polo BNG póñense de relevo as discrepancias entre os informes das diferentes administracións e o feito de que o da Deputación foi feito por encarga
Lugo, 1 de xuño 2017. O BNG ven de rexistrar un escrito contestando á Confederación Hidrográfica para continuar coas tramitacións relativas á petición de autorización para a creación dunha zona pública de baño. Tras recibir os informes, en relación ao expediente A/27/26587 de autorización para a instalación de un acceso de madeira no río Miño no entorno da área recreativa de As Saamasas, emitidos polo Concello de Lugo, a Deputación e o Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galiza, o BNG presentou un escrito para solicitar que se continúe coa tramitación do expedente para a pertinente autorización e se extenda esta por un período de 5 anos nas condicións sinaladas na solicitude inicial e nos períodos definidos a través de este escrito.
Arroxo afirmou que o BNG mantén os termos da solicitude inicial e “definimos, a través de este escrito, as datas para o periodo de establecemento da instalación entre o 30 de xuño e o 30 de setembro” e sinalou que “a respecto do informe emitido polo Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galiza (Exp CO 919/2016), o BNG tomará en consideración as recomendacións reflectidas no informe”.
A respecto do informe emitido polo Concello de Lugo “entendemos redundante xa que é certo que para calquera actuación se deben solicitar as autorizacións municipais pertinentes tal e como se reflicte no documento”. O BNG foi máis crítico co informe emitido pola Deputación “comprobamos que o informe non está realizado por técnicos-funcionari@s da propia administración que garantan a imparcialidade do informe e teñan en contan as competencias da propia administración en relación á solicitude presentada”.
O informe presentado polo Deputación “é un informe de encargo” feito por unha entidade externa que contrasta cos informes emitidos por Concello de Xunta de Galiza. “A pesares da subxectividade do seu contido, teremos en conta as recomendacións que atixen á instalación dun simple acceso seguro de madeira nun lugar que xa é, de facto, xona pública de baño” asegurou Arroxo.