Conferencia sobre a vixencia do pensamento de Simone de Beauvoir na súa obra pioneira: O Segundo Sexo.
O acto será conducido por Pilar García Negro no Uxío Novoneyra.
23 set. 2019 - 18:57
Lugo, 23 de setembro de 2019. A comisión de acción feminista do BNG xunto coa Asemblea de Mulleres de Galiza Nova realizaran este martes día 24 unha conferencia que tentará dar unha aproximación do contido da obra senlleira de Simone de Beauvoir, O Segundo Sexo , na que se contará a vixencia da obra e do pensamento desta autora na práctica actual do movemento da liberación da muller.
Contará coa participación de Pilar García Negro, recoñecida académica e política galega, a que desenvolveu parte da súa carreira ao estudo do pensamento de mulleres como Emilia Pardo Bazán ou Rosalía de Castro, amosando sempre unha perspectiva feminista.
O lugar será no Centro Social Uxío Novoneyra ás 19:30 H.