PATRIMONIO DA XUNTA VEN DE INFORMAR NEGATIVAMENTE O PROXECTO DE CUBERTA ENTRE O MERCADO DE QUIROGA BALLESTEROS E A PRAZA DE ABASTOS

“Confìrmase que o anuncio da Cuberta de Quiroga Ballesteros era unha inocentada” dixo Arroxo

011217_cuberta_ganadora_quiroga_ballesteros

O voceiro do BNG advirte que “algo parecido pasará coa pasarela anunciada sobre a N-VI, por que é un despropósito”

“Confìrmase que o anuncio da Cuberta de Quiroga Ballesteros era unha inocentada” dixo Arroxo

Lugo, 14 de febreiro 2019.  O voceiro do BNG no concello de Lugo lembrou que “a proposta da cuberta en Quiroga Ballesteros presentouse nun día dos Santos Inocentes de 2016 e agora demostrase que era unha inocentada”. Patrimonio da Xunta ven de informar negativamente o proxecto de cuberta entre o mercado de Quiroga Ballesteros e a Praza de Abastos. Arroxo sinalou que “Dende o BNG xa se advertiu que non habería problemas para a súa construción polo impacto que provocaría”.

Para o BNG “non é normal que todos os proxectos deste goberno municipal se intenten levar adiante ignorando as opinións de todo o mundo para despois rematar en nada ou nunha confrontación esteril co PP da Xunta”. Arroxo criticou a “falta de rigor” dos anuncios feitos dende o goberno municipal e advertiu que “algo parecido pasará coa pasarela anunciada sobre a N-VI, por que é un despropósito”. Neste momento o proxecto da pasarela sobre a N-VI que está previsto financiar con fondos do programa EDUSI, tamén está pendente dos informes de diversas administracións.

Rubén Arroxo afirmou que “vemos como todos os proxectos estrela deste goberno caen pola falta de rigor e sentido común coa que son elaborados” e dixo “Lugo segue perdendo oportunidades de avanzar por que a única intención desta alcaldesa e do seu goberno son os anuncios mediaticos que acaban quedando en nada”.

“Confìrmase que o anuncio da Cuberta de Quiroga Ballesteros era unha inocentada” dixo Arroxo