O Conservatorio de Música Xoán Montes volve ao Auditorio Municipal Gustavo Freire
Maite Ferreiro: “achegamos unha nova oportunidade para que as veciñas e veciños de Lugo asistan a unha mostra da calidade do conservatorio de Lugo”
O concerto terá lugar o vindeiro mércores 4 de maio a partir das 19:30
As entradas poden adquirirse de xeito gratuíto no portal entradaslugo.es
Lugo, 01 de maio de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o vindeiro mércores 4 de maio o Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá un novo concerto das bandas do Conservatorio de Música Xoán Montes. Ferreiro afirmou que “continuamos a colaborar co Conservatorio de Lugo, achegando á veciñanza unha nova oportunidade de descubrir a calidade musical das e dos estudantes desta instalación”.
Baixo o título Conto Concerto Musical, as bandas Xosé Castiñeira (formada por estudantes de 1º a 3º de Grao Profesional) e Indalecio F. Groba (integrada por estudantes de 3º a 6º de Grao Profesional) interpretarán distintos temas de Julio Montero, María Mendoza e dos Beatles.
A entrada será gratuíta e poderá retirarse a través do portal entradaslugo.es.
Programa
Banda Xosé Castiñeira (alumnos de 1º, 2º e 3º de Grao Profesional)
- Oculta Identidad, Julio Montero
- La Bella Durmiente, María Mendoza
Banda Indalecio F. Groba (alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Grao Profesional)
- Yesterday, John Lennon e Paul McCartney
- The Best of Beatles, John Lennon e Paul McCartney