RUBÉN ARROXO VISITOU OS TRABALLOS REALIZADOS NAS ÚLTIMAS NOITES NO BARRIO DA RESIDENCIA E NA CONTORNA DO CAMPUS
Continúa o pintado da sinalización horizontal
“O novo pintado inclúe os cambios realizados na ordenanza de circulación que mellorarán a seguridade peonil, das bicicletas e motos e das persoas con mobilidade reducida”, lembrou Rubén Arroxo
Lugo, 24 de agosto de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, achegouse ao barrio da Cheda para visitar os traballos de pintado da sinalización horizontal que se realizaron nas últimas noites. “Debido á choiva o pintado tivo que paralizarse durante algúns días, máis xa se retomou nos barrios da Residencia e na contorna do Campus universitario”, explicou Rubén Arroxo.
O Tenente de Alcalde lembrou que se modificará o pintado adaptándoo ás modificacións realizadas na ordenanza de circulación. Nos pasos de peóns elimínase unha das liñas para evitar resbalóns de motos e bicicletas, ademais, os pasos regulados por semáforo pasarán a ter pintado só o contorno do mediante dúas liñas discontínuas nos seus límites.
Adaptarase tamén o pintado das prazas para persoas con mobilidade reducida, agrandándoas e reducindo a superficie a pintar para evitar resbalóns, e mellorarase a sinalización en zonas de coexistencia de tráfico e estacionamento. Rubén Arroxo afirmou que “todas estas modificacións tratan de mellorar a seguridade peonil, das bicicletas e motos e das persoas con mobilidade reducida”.