Continúa a renovación dos accesos ao ascensor do Sagrado Corazón

Rubén Arroxo: “ampliamos os traballos ao acceso superior ao ascensor para dar continuidade á renovación da praza e mellorar a imaxe deste acceso”

Os traballos que se están a executar consisten na renovación da pavimentación e do muro, dando continuidade ao xa instalado no ascensor

Continúa a renovación dos accesos ao ascensor do Sagrado Corazón

Lugo, 01 de xullo de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, informou dos avances realizados na renovación da praza do Sagrado Corazón, na actuación correspondente á mellora da pasarela que da acceso ao ascensor. Arroxo visitou a praza xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas. “Despois de renovar a praza continuaremos traballando na mellora da imaxe da contorna con esta nova intervención, que permitirá mellorar a imaxe da pasarela que da acceso ao ascensor”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “a actuación estase a executar a bo ritmo, seguindo sempre condicións climatolóxicas para garantir o mellor resultado posíbel”.

Os traballos que o Goberno de Lugo está a executar nesta zona consisten na retirada do pavimento e na demolición do muro actual, e nos vindeiros días comezará a instalación do novo pavimento e a construcción dun novo muro que dará continuidade ao xa instalado no acceso ao ascensor, elaborado con elementos metálicos e de vidro. Ademais, instalaranse novos elementos para a recollida das augas pluviais, o que evitará filtracións na zona.

A actuación ten un orzamento de 47.825,26€, e complementan á renovación da praza do Sagrado Corazón, unha actuación executada nos últimos meses e que converteu este lugar nun espazo aberto e amable coa veciñanza.

Continúa a renovación dos accesos ao ascensor do Sagrado Corazón