Continúan durante novembro as actividades da festividade de Santos no Cemiterio

O Concerto da Lembranza terá lugar mañá a partir das 19:30, e contará coa cantautora Paloma Suanzes

A interpretación de Don Juan Tenorio terá lugar o 21 de novembro, co aforo limitado a 100 persoas

Continúan durante novembro as actividades da festividade de Santos no Cemiterio

Lugo, 16 de outubro de 2021. A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, lembrou que continúan as actividades do Cemiterio Municipal pola festividade de Santos.  As actividades continúan esta semana co Concerto da Lembranza, que terá lugar mañá, 11 de novembro, a partir das 19:30 horasContarase coa cantautora Paloma Suanzes, e durante a actividade levarase adiante unha queima de mensaxes.

 

Durante este mes retomarase a interpretación de Don Juan Tenorio, que terá lugar o día 28 ás 19:00, correndo a cargo de Palimoco Teatro, mentres que a lectura dramatizada por nenos e nenas de Malala Teatro e da Escola Palimoco de Teatro, Don Juanín, será o día 17,  a partir das 19:00. Ambas actividades estarán limitadas a 100 prazas, para o que será preciso recoller entrada na oficina municipal de turismo

Continúan durante novembro as actividades da festividade de Santos no Cemiterio