Maite Ferreiro: “o Auditorio Municipal conta con 23 eventos de aquí a final de ano, entre os que se inclúen 18 organizados pola área de Cultura”

A concelleira de Cultura respostou ao portavoz do PP e reclamou “que a Xunta de Galiza colabore co tecido cultural de Lugo apoiando iniciativas como o Lugo Cultural, sostido por Concello, USC e Deputación”

O concello de Lugo conta co portal entradaslugo.es que permite adquirir as entradas para as actividades propias “a prezos asequibles e sen pagar gastos de xestión”

Maite Ferreiro adiantou que “de cara ao primeiro trimestre de 2022, o Auditorio Municipal conta con máis de 50 actividades entre actividade do Concello e iniciativas privadas”

 

Maite Ferreiro: “o Auditorio Municipal conta con 23 eventos de aquí a final de ano, entre os que se inclúen 18 organizados pola área de Cultura”

Lugo, 10 de novembro de 2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, respostou ás declaracións do PP sobre a actividade cultural no Auditorio Municipal de Lugo. Maite Ferreiro explicou que “no que queda de ano contamos con 23 actividades no Auditorio Gustavo Freire, das cales 18 son actividades organizadas pola área de Cultura”.

 

Ferreiro afirmou que “desde a área de Cultura contamos cunha programación estable durante todo o ano, con actividades teatrais e culturais de primeiro nivel que contan con recoñecementos a nivel galego, estatal e internacional, e con actividades postas en marcha polo tecido cultural de Lugo, a quen sempre intentamos dar protagonismo nas distintas programacións”.

 

Maite Ferreiro afirmou que “o Partido Popular só pensa na construción de novas infraestruturas, e non nas creadoras de contido e nas persoas que asisten ás actividades que conforman o tecido cultural de Lugo”, e criticou que “a Xunta non colaborou coas actividades do segundo semestre de 2020 nin colabora, como xa reclamamos en diversas ocasións, coas actividades do convenio Lugo Cultural, que conta coa colaboración da USC e do Concello e da Deputación de Lugo”.

 

O Concello de Lugo conta co portal entradaslugo.es, onde se poden adquirir as entradas para as distintas actividades organizadas polo concello. “Neste portal poden adquirirse entradas a prezos asequibles e sen gastos de xestión, e en moitas actividades de xeito completamente gratuíto”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “as distintas iniciativas privadas son libres de escoller o portal de venta de entradas que desexen, podendo ser ataquilla ou calquera dos outros que se poden atopar na rede”.

Maite Ferreiro: “o Auditorio Municipal conta con 23 eventos de aquí a final de ano, entre os que se inclúen 18 organizados pola área de Cultura”