NO PRIMEIRO DÍA DO MES DE MARZO XA HOUBO UN ATROPELO NAS INMEDIACIÓNS DO HULA MANTENSE A MEDIA DE 1 ATROPELO SEMANAL NO CONCELLO DE LUGO
“Contrólanse os aparcamentos pero non se fai prevención de atropelos por que o propuxo o BNG” dixo Rubén Arroxo
O portavoz do BNG-AA volveu a insistir na necesidade de que se poña en marcha un plan de prevención de atropelos por que “no que vai de ano van 11 atropelos e 1 persoa morta”
Lugo, 2 de marzo 2016. O voceiro do BNG – AA propuxo, unha vez máis, que se poña en marcha un plan para reducir o número de atropelos que se producen na cidade. Arroxo sinalou que “parece que ao goberno non lle interesa atender as nosas propostas, contrólanse os aparcamentos pero non se fai prevención de atropelos por que o propuxo o BNG”. No primeiro día do mes de marzo xa houbo un atropelo nas inmediacións do HULA mantense a media de 1 atropelo semanal no concello de Lugo. Rubén Arroxo sinalou que no mes de xaneiro houbo 5 atropelos no termo municipal de Lugo e en febreiro outro 5, “no que vai de ano van 11 atropelos e 1 persoa morta” dixo Arroxo.
Rubén Arroxo, lamentou que entre as medidas que se están a tomar a respecto do control do tráfico e dos estacionamentos “non se tivese en conta ningunha medida para previr os atropelos que no que vai da ano”. Rubén Arroxo sinalou que “segundo a información da que dispoñemos van 11 atropelos graves na cidade no que vai de ano e unha morte e isto debería preocupar ao goberno”. A última vítima foi unha persoa nas inmediacións do HULA “xa hai outra persoa máis afectada pola fatalidade e a falta de vixiancia e adopción de medidas de regulación do tráfico”.
Arroxo lembrou que segundo os datos recollidos no informe emitido pola Policía Local o número do atropelos no ano 2011 foi de 56 dos cales 27 foron no pasos de peóns, no ano 2012 foi de 50 dos cales 24 foron no pasos de peóns, no ano 2013 foi de 58 dos cales 41 foron no pasos de peóns, no ano 2014 foi de 61 dos cales 42 foron no pasos de peóns, no ano 2015 foi de 57 dos cales 31 foron no pasos de peóns, no ano 2016 foi de 61 dos cales 24 foron no pasos de peóns. No informe da Policía Local solamente se reflicten dous atropelos mortais, ámbolos dous en pasos de peóns, nos anos 2012 e 2016. Arroxo sinalou que en Lugo houbo 343 atropelos dende o 2011ata finais de 2016 e, destes atropelos, 189 foron en pasos de peóns o que supón máis da metade.
Plan de control proposto polo BNG
O voceiro nacionalista lembrou, tamén, que se lle presentou ao goberno municipal unha proposta para poñer en marcha un plan de control semanal de pasos de peóns. “Este tipo de iniciativas xa se ten experimentado noutros concellos do estado e debe ter como obxectivo a información e non a sanción” dixo Rubén Arroxo. Para a execución deste plan de control semanal de pasos de peóns o goberno municipal deberá poñer en marcha un operativo, contando coa policía local e a axencia de mobilidade, no que se seleccionen dez pasos de peóns conflitivos cada semana e establecer os controis informativos pola mañá e pola tarde.