Cristina López asiste ás actividades da festividade de Santos no Cemiterio
Cristina López: “organizamos unha serie de actividades durante todo o ano para animar á veciñanza a achegarse ao cemiterio”
Cristina López destacou a gran acollida que tivo a árbore luminosa colocada na entrada do cemiterio "para recoller as mensaxes que deixen todas as persoas que se acheguen ao cemiterio"
Lugo, 01 de novembro de 2022. A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, asistiu esta mañá ao cemiterio municipal onde comezaron a desenvolverse as actividades da festividade de Santos. Cristina López lembrou que a programación do Cemiteiro chegar´á até mediados de decembro. "Trátase dunha serie de actividades diversas e que agardamos que toda a veciñanza se achegue ao cemiterio", explicou Cristina López.
A concelleira de Participación destacou a "boa acollida" que está a ter a árbore luminosa colocada na entrada do Cemiterio Municipal, "recollemos nesta árbore as mensaxes que todas as persoas que se acheguen ao cemiterio queiran deixar aos seus seres queridos", explicou a concelleira.
Onte, 30 de outubro e durante o díá de hoxe, o Cemiterio encheuse de música con diversas agrupación agrupacións da asociación Músico Crisanto que realizaron concertos en catro puntos do Cemiterio Municipal entre as 11:30 e as 13:30, e pola tarde de 17 a 18 horas. O día 2, volverá a ofrenda floral da Corporación Municipal a todos os defuntos do Cemiterio Municipal, mentres que a lectura dramatizada de Don Juanín, a cargo de nenas e nenos de Malala Teatro e da Escola Palimoco de Teatro será o día 6, a partir das 19:00.
As actividades continuarán con visitas teatralizadas o día 20 de novembro e o 18 de decembro, con Achádego Teatro, ambas a partir das 17:30 horas, e co concerto da lembranza, adicado a Ana Goy, que será o 30 de novembro ás 19:30.
O VIII Concurso de Fotografía Estampas de Paz e Acougo terá lugar do 18 de outubro até o 3 de novembro, que nesta edición versará sobre a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. Premiaranse tres fotografías, con 600, 400 e 200 euros cada unha.