A XX Exposición de Cogumelos, oranizada pola Sociedade Micolóxica Lucus, terá lugar o vindeiro 6 de novembro
Maite Ferreiro presentou a exposición que conta co apoio da área de Cultura Cultura do Concello, xunto con representantes da sociedade micolóxica lucus
A exposición estará aberta de 11 a 14 e de 16 a 20:30 horas, e será de entrada gratuíta
Lugo, 02 de novembro de 2022. A Concelleira de Cultura, Turismo Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañada por Julián Alonso, da Sociedade Micolóxica Lucus presentaron a XX Exposición de Cogumelos. A mostra terá lugar no Colexio Rosalía de Castro durante este domingo, 6 de novembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas, e será de entrada gratuíta.
Maite Ferreiro destacou que "o traballo que están facendo dende a Sociedade Micolóxica non só na labor divulgativa senón tamén con numerosas actividades que organizan para achegarnos e dar a coñecer a toda a veciñanza o mundo da micoloxía".
Na exposición cada exemplar está acompañado por unha ficha técnica da especie en cuestión onde se indican datos como o seu hábitat, se é comestible ou non, ou a súa toxicidade.
A Exposición de Cogomelos complementarase cunha exposición de traballos infantís sobre o mundo dos cogomelos, con outra exposición de paneis informativos sobre os distintos hábitats micolóxicos e os asistentes poderán ademáis contemplar unha presentación audiovisual informativa sobre micoloxía. Á entrada facilitaráselles un díptico informativo sobre a propia exposición e diversos consellos para a correcta recolla de cogomelos.
As e os integrantes da Sociedade Micolóxica Lucus atenderán durante toda a xornada ás preguntas e dúbidas da veciñanza que se achegue ao evento, co obxectivo de impartir unha axeitada formación micolóxica e á vez previr intoxicacións por cogomelos.