Cristina López asiste á feira internacional de produtos e servizos funerarios de Valencia

“Continuamos a promocionar o Cemiterio Municipal de Lugo ao mesmo tempo que recollemos información para construir un espazo para mascotas”, explicou Cristina López

A FunerMostra reúne a máis de 2.000 profesionais do sector funerario

Cristina López asiste á feira internacional de produtos e servizos funerarios de Valencia

Lugo, 21 de outubro de 2021. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, acudiu á feira internacional de produtos e servizos funerarios FunerMostra, que se está a celebrar en Valencia, para coñecer as últimas novidades no sector avanzar de cara á creacion dun espazo para mascotas no Cemiterio Municipal de Lugo. A concelleira de Participación acudiu á mostra xunto coa xefa de servizo de Participación, Amparo Rubinos, e reuníronse con representantes de distintas entidades do sector funerario e cemiterios do estado e internacionais.

Cristina López destacou o traballo realizado nos últimos anos para mellorar o Cemiterio Municipal, e a promoción que a presenza desta feira dará “a un dos poucos cemiterios de xestión totalmente pública de todo o estado”. Cristina López afirmou que "seguimos a planificar traballo para mellorar o Cemiterio Municipal, mellorando as instalacións seguindo as solicitudes que nos fan as veciñas e veciños, e avanzando de cara a contar cun cemiterio referencial a nivel internacional".

A 16 edición de FunerMostra reúne a máis de 2.000 profesionais do sector funerario durante estes días en Valencia. Durante a feira lévanse adiante comisións de traballo e xuntanzas profesionais de cemiterios e empresas relacionadas co sector fúnebre. Conta con máis de 106 empresas expositoras procedentes de todas as zonas do mundo e ano tras ano é visitada por miles de visitantes de distintos países.

Cristina López asiste á feira internacional de produtos e servizos funerarios de Valencia