A CAMPAÑA "CONVIVES OU COMBATES. TI ELIXES" TIVO LUGAR ESTA FIN DE SEMANA EN LUGO CO APOIO DA ÁREA DE PARTICIPACIÓN DO CONCELLO DE LUGO E DA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUG

Cristina López asiste ás xornadas informativas sobre a vespa velutina organizadas pola AGA

A campaña "Convives ou Combates. Ti elixes" tivo lugar esta fin de semana en Lugo co apoio da área de Participación do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
Cristina López asiste ás xornadas informativas sobre a vespa velutina organizadas pola AGA




Lugo, 11 de maio de 2024. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, asistiu á xornada "Convives ou combates. Ti elixes", sobre a vespa velutina, organizada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza co apoio da área de Participación e Servizos á Veciñanza do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a campaña. Lugo foi unha das primeiras paradas desta formación sobre a importancia e a necesidade de implicación da veciñanza na loita contra esta especie invasora. Na xornada de hoxe, a AGA realizou actividades en Samos e no Vello Cárcere de Lugo.

As charlas incluíron formación sobre a posta en marcha de medidas para combater á velutina e, ao mesmo tempo, continuar coas explotacións apícolas tradicionais. As xornadas rematarán na tempada estival cunha formación práctica dando continuidade a esta primeira parte das xornadas.

Cristina López asiste ás xornadas informativas sobre a vespa velutina organizadas pola AGA