A DEPUTADA DO BNG MONTSE VALCÁRCEL, PARTICIPOU NA IV FEIRA EN DEFENSA DO GANDEIRO DA MONTAÑA HOXE EN SAN ROMÁN DE CERVANTES, ACOMPAÑADA POR MEMBROS DO BNG NA
Montse Valcárcel "Cervantes ten todo por gañar, o seu sector agro-gandeiro é unha potencia que se ten que impulsar"
A deputada do BNG Montse Valcárcel, participou na IV Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña hoxe en San Román de Cervantes, acompañada por membros do BNG na
comarca dos Ancares
O Bloque propón para Cervantes un sector agro-gandeiro forte e fomentar a transformación de produtos para desenvolver a economía local
Cervantes, 11 de maio de 2024.- O Bloque Nacionalista Galego en Cervantes participou na IV Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña que se desenvolveu hoxe en San Román de Cervantes.
Estivo a deputada por Lugo no Parlamento galego, Montse Valcárcel, e membros do BNG na comarca.
Montse Valcárcel destacou que "Cervantes ten todo por gañar, o seu sector agro-gandeiro é unha potencia que se ten que impulsar, e que desde o BNG apoiaremos sempre"
Neste senso, o candidato nacionalista subliñou "poremos en marcha medidas en apoio ao sector, afondando en engadir valor aos produtos que aquí se producen, baixo o fomento da transformación da nosa carne, do noso mel ou doutros grandes manxares"
Valcárcel destacou que Cervantes merece que " se estableza máis dinamismo económico, fixando riqueza na comarca, o que contribuiría á creación de emprego e o asentamento da poboación, funcións vitais para manter un concello rural como é Cervantes"
Por outra banda, o a deputada do BNG salientou que o dende o Parlamento se traballará para conseguir medidas para garantir prezos xustos "no BNG queremos que as persoas que están a manter e coidar o noso campo, teñan unhas condicións para que vivan dignamente, medidas que contribúan a garantir uns prezos xustos ás producións gandeiras"