Cristina López presenta a XXVIII Feira do Mel, que terá lugar este sábado na praza da Soidade

A cita, organizada pola APLA e a área de Participación, contará con 15 produtores de mel de distintas zonas de Lugo

A área de Participación organiza unha cata de mel a partir das 12 horas, con representantes do consello regulador da IXP Mel de Galiza

Cristina López presenta a XXVIII Feira do Mel, que terá lugar este sábado na praza da Soidade

Lugo, 22 de setembro de 2021. A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou xunto co presidente DA Asociación Provincial Lucense de Apicultores, Pablo Piñeiro, a XXVIII edición da Feira do Mel de Lugo, que reunirá a 15 produtores de todas as zonas de Lugo o vindeiro sábado 28 na praza da Soidade. Cristina López declarou que "este ano volve a feira do mel despois de acordarmos, tanto a APLA como o Concello de Lugo, non celebrar a feira o ano pasado por mor das restriccións da COVID".

 

A apertura desta feira está prevista para o sábado ás 10 da mañá, e prolongarase durante todo o día até as 20 horas, onde se porán á venda distintos tipos de mel de calidade, producido nas terras de Lugo. Pablo Piñeiro, presidente da APLA, agradeceu ao concello a súa colaboración nunha cita xa consolidada no inicio do outono lucense.

 

A área de Participación organiza, dentro da propia feira, unha cata de meles a cargo de representantes do consello regulador da IXP Mel de Galiza. A cata terá lugar ás 12 horas e estará aberta á participación da veciñanza que o desexe ata encher o aforo, que deberá anotarse previamente chamando ao 982 295 037. 

Cristina López presenta a XXVIII Feira do Mel, que terá lugar este sábado na praza da Soidade