Rubén Arroxo visita a USC para coñecer un plan de mobilidade elaborado por estudantes

O Tenente Alcalde agradeceu "unha proposta feita por dous estudantes de Lugo demostrando a gran capacidade creativa do campus de Lugo"

Arroxo visitou aos estudantes xunto coa Vicerreitora do Campus, Montse Valcárcel e un representante da directiva da facultade

Rubén Arroxo visita a USC para coñecer un plan de mobilidade elaborado por estudantes

Lugo, 21 de setembro de 2021. O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou o campus de Lugo para coñecer un proxecto de mobilidade sostible elaborado por dous estudantes do grao de Empresa e Tecnoloxía que se imparte na facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo. O Tenente Alcalde realizou esta visita acompañado da Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montse Valcárcel e un representante da facultade de ADE.

 

Rubén Arroxo destacou o proxecto presentado por estes dous estudantes como unha mostra "da gran capacidade creativa das e dos estudantes do Campus de Lugo" e destacou que "desde as institucións traballamos para consolidar á universidade como un gran polo de coñecemento que poida sacar adiante proxectos para mellorar a vida de toda a veciñanza".

 

O proxecto consiste nun sistema de mobilidade sostible a través de patinetes eléctricos, "unha proposta interesante especialmente na semana europea da mobilidade, cando toca esforzarse para convencer á veciñanza para que utilice medios de transporte alternativos".

Rubén Arroxo visita a USC para coñecer un plan de mobilidade elaborado por estudantes