Maite Ferreiro presenta a 75 tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo

”Desde a área de Cultura do concello mantemos a nosa firme aposta na cultura segura”, afirmou Maite Ferreiro

 Hoxe presentáronse os 12 primeiros concertos da tempada, que terán lugar entre o vindeiro 29 de outubro e o 7 de maio de 2022

Maite Ferreiro presenta a 75 tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo

Lugo, 21 de setembro de 2021.  A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participou hoxe na presentación da 75 tempada da Sociedade Filarmónica de Lugo. Hoxe presentáronse os 12 primeiros concertos da tempada, que terán lugar no Círculo das Artes entre o vindeiro 29 de outubro e o 7 de maio de 2022. Maite Ferreiro lembrou que “desde a área de Cultura continuamos coa nosa aposta firme pola realización de actividades culturais de calidade demostrada a nivel galego, estatal e internacional” e agradeceu “o compromiso da sociedade Filarmónica por manter esta actividade xa consolidada no calendario cultural de Lugo”.

 

A programación desta tempada retoma os últimos concertos que se tiveron que adiar na tempada 2019-20 pola crise sanitaria, e achega con novas propostas. Ábrese a tempada co concerto que ofrecerá a Orquestra Vigo 430 con Isabel Rubio na dirección e Antonio Queija ao piano.

 

A Sociedade Filarmónica de Lugo contou coas tres agrupacións máis importantes de Galiza e con agrupacións destacadas a nivel estatal. A programación completa pode consultarse na web da Sociedade Filharmónica de Lugo.

 

Todos os concertos do ciclo serán no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h. Debido ás limitacións de aforo, impostas polas autoridades e as normas sanitarias para a prevención da Covid-19, para asistir aos concertos é necesario reservar as entradas, cunha antelación mínima de 48 horas, no teléfono 982 230 805 ou no  correo electrónico [email protected].

Maite Ferreiro presenta a 75 tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo