CRISTINA LÓPEZ DESTACOU A IMPORTANCIA DESTAS INICIATIVAS QUE "SUPOÑEN OS CEMENTOS DUNHA SOCIEDADE CONSCIENTE E PREPARADA PARA CONSTRUÍR UN FUTURO SAUDABLE E SOSTIBLE"

Cristina López visita o MIHL, onde se está a celebrar o VI Congreso 'Nutrición e Sostibilidade'

A programación que se celebrará ao longo do día conta con faladoiros, exposicións, talleres e debates sobre as diferentes alternativas de alimentación

Cristina López destacou a importancia destas iniciativas que "supoñen os cementos dunha sociedade consciente e preparada para construír un futuro saudable e sostible"

Cristina López visita o MIHL, onde se está a celebrar o VI Congreso 'Nutrición e Sostibilidade'

 

Lugo, 22 de novembro de 2023. Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza visitou o MIHL, onde se está a celebrar o VI Congreso 'Nutrición e Sostibilidade', organizado pola Asociación de Dietistas-Nutricionistas Universitarios de Galiza e o Concello de Lugo. A mostra acolle unha programación variada que se estenderá durante todo o día a través de faladoiros, exposicións, talleres e debates con profesionais do eido a cerca das distintas formas de alimentación existentes.

A concelleira destacou a importancia destas iniciativas que "supoñen os cementos dunha sociedade consciente e preparada para construír un futuro saudable e sostible a través dunha alimentación correcta e respectuosa co medio", insistiu Ferreiro. Ademais Cristina López tamén tivo en conta a escolla de Lugo como escenario do evento, facendo especial fincapé na calidade gastronómica da cidade.

Cristina López visita o MIHL, onde se está a celebrar o VI Congreso 'Nutrición e Sostibilidade'