FERREIRO: "LUGO COLOCOUSE XA NO MAPA DO TURISMO DE CALIDADE, SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA CONSOLIDAR O NOSO LUGAR E CONTINUAR A MELLORAR"
Maite Ferreiro destaca que Lugo sexa o sexto destino máis buscado en Booking.com, nunha lista liderada por Pontevedra
"Desde Lugo traballamos por un turismo de calidade que garanta a convicencia entre a veciñanza e as persoas que nos visiten", explicou a edil de Cultura
Maite Ferreiro recibiu a un grupo de estudantes do grao de turismo da Universidade de León
Ferreiro: "Lugo colocouse xa no mapa do turismo de calidade, seguiremos traballando para consolidar o noso lugar e continuar a mellorar"
Lugo, 22 de novembro de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu a un grupo de estudantes do grao de Turismo da Universidade de León. A concelleira Maite Ferreiro explicou o traballo realizado nos últimos anos polo Goberno de Lugo en materia turística "posicionando a Lugo como un destino estratéxico á hora de visitar Galiza".
Ferreiro afirmou que "ano a ano vemos como a acción da área de Turismo continúa a mellorar os datos de visitantes", e engadiu "a plataforma booking.com sitúa a Lugo no sexto posto dos destinos máis buscados do 2024, unha lista que lidera a cidade de Pontevedra". Para a edil de Cultura, "isto demostra que Lugo está xa no mapa dos destinos turísticos de calidade, tócanos seguir traballando para consolidar este posto e seguir mellorando para ser un referente a nivel estatal e internacional".
Maite Ferreiro destacou que "o aumento de persoas que se achegan á cidade é froito da campaña Lugo Km 100, que está posicionando o noso concello como un referente do turismo de calidade e proximidade, poñendo en valor o patrimonio histórico e a ampla programación cultural coa que contamos", e afirmou que "Lugo é o mellor destino para fuxir das masificacións e desfrutar dunha gran cantidade de patrimonio cunha programación cultural ampla e diversa".