"LEVAMOS A PLENO ESTA INICIATIVA PORQUE É UNHA NECESIDADE MELLORAR A ACCESIBILIDADE PARA PODER POR EN VALOR O CASTELO" AFIRMA A VOCEIRA NACIONALISTA

O BNG de Castroverde leva a pleno unha proposta para mellorar a accesibilidade ao Castelo de Castroverde.

"Levamos a pleno esta iniciativa porque é unha necesidade mellorar a accesibilidade para poder por en valor o Castelo" afirma a voceira nacionalista

O BNG de Castroverde leva a pleno unha proposta para mellorar a accesibilidade ao Castelo de Castroverde.

 

 

Lugo, 21 de novembro de 2023.- A través da concelleira Iria Castro o Bng de Castroverde presentará dúas mocións no vindeiro pleno do mes de Novembro. Unha delas pedindo a mellora na accesibilidade ao Castelo de Castroverde e outra pedindo a mellora para os orzamentos do 2024 das partidas destinadas as subvencións para entidades culturais e deportivas

"A mellora da sinalización, do alumeado e o acondicionamento do acceso ao Castelo serviría para de por en valor esta fortaleza que representa o poder que Castroverde tivo durante o século XIV" explica a voceira do grupo municipal.

A outra moción que se presentará fai referencia á mellora por parte do concello das subvencións que se lles outorgan a aquelas entidades deportivas e culturais que "fan un traballo inxente coa rapazada e tamén espallando a nosa cultura e que precisan de recursos para ese traballo" afirma Iria Castro.

O bng de Castroverde aínda non ten información dos orzamentos municipais para o 2024, "agardamos que estas dúas mocións se teñan en conta á hora de preparar os vindeiros orzamentos" conclúe a Iria Castro.

O BNG de Castroverde leva a pleno unha proposta para mellorar a accesibilidade ao Castelo de Castroverde.