Daniel Castro: “o rural galego ten un gran futuro, desde as distitnas administracións teñen que facilitar o asentamento de poboación e o emprendemento”

O cabeza de lista por Lugo visitou unha explotación gandeira en Friol

Daniel Castro: “Madrid deseña unha política agraria que non se adapta á realidade de Galiza, un grupo galego forte levará ao Congreso as necesidades das e dos galegos”

Daniel Castro: “o rural galego ten un gran futuro, desde as distitnas administracións teñen que facilitar o asentamento de poboación e o emprendemento”

Lugo, 28 de xuño de 2023. O candidato do BNG ao Congreso por Lugo, Daniel Castro, visitou unha explotación gandeira en Friol e sinalou que “existen diversas posibilidades de produción agrogandeira no país con moita xente disposta a implicarse”. Castro coñeceu de primeira man as particularidades deste sector, e afirmou que “as distintas administracións teñen que facilitar o asentamento de poboación e o emprendemento no rural, garantindo o acceso aos servizos básicos de xeito similar á cidade”.

O BNG traballará no Congreso cun grupo galego forte para rematar coa discriminación que sofren as labregas e labregos galegos co apoio público estatal á actividade agraria. Daniel Castro afirmou que “defenderemos que as axudas ás explotacións da Galiza se adecúen ao modelo de produción específico do noso país”. O BNG apostará tamén por apoiar os circuítos curtos de comercialización e de transformación por parte dos e das propias produtoras e e apostar pola produción diferenciada e de calidade.

“Son moitos os sectores afectados polas políticas deseñadas dende Madrid e sen contar coas persoas de aquí, que so pretenden vivir do seu traballo cuns prezos dignos”, explicou Daniel Castro, que engadiu “precisamos dunha voz en Madrid que defenda os nosos sectores productivos para poder seguir producindo e mantendo vivo o noso rural”.

Daniel Castro: “o rural galego ten un gran futuro, desde as distitnas administracións teñen que facilitar o asentamento de poboación e o emprendemento”