Daniel Castro: “O BNG defenderá no Congreso que se teña en conta a opinión da veciñanza de Rábade ante as intervencións planificadas por ADIF”

O cabeza de lista por Lugo visitou o concello de Rábade, onde se interesou pola situación das obras planificadas polo ADIF

Daniel Castro: “a eliminación dos pasos a nivel ten que realizarse garantindo as mellores condicións para a veciñanza da zona”

Daniel Castro: “O BNG defenderá no Congreso que se teña en conta a opinión da veciñanza de Rábade ante as intervencións planificadas por ADIF”

Lugo, 26 de xuño de 2023. O cabeza de lista do BNG por Lugo ao Congreso, Daniel Castro, visitou a vila de Rábade, onde se interesou pola situación das obras planificadas por ADIF. Daniel Castro afirmou que “vemos positivo que se eliminen os pasos a nivel, mais este tipo de actuacións teñen que realizarse garantindo as mellores condicións para a veciñanza da zona”.

O candidato do BNG anunciou que defenderá no Congreso que ADIF escoite as necesidades das veciñas e veciños de Rábade antes de proceder á execución das obras.


O decálogo de compromisos que o BNG defenderá en Madrid inclúe a mellora nos transportes públicos e conexións dignas no interior do País. “Estamos a falar da reconstrucción dos viaductos da A-6, da electrificación e modernización das liñas de tren (A Coruña – Ferrol e Lugo – A Coruña), ou da implantación das Cercanías Ferroviarias nas áreas urbanas e metropolitanas”, explicou o candidato do BNG.

 

Daniel Castro: “O BNG defenderá no Congreso que se teña en conta a opinión da veciñanza de Rábade ante as intervencións planificadas por ADIF”