Daniel Castro visitou Monforte de Lemos e mantivo unha xuntanza con integrantes da plataforma Salvemos o Malecón xunto coa cabeza de lista ao Senado polo BNG Rosana Prieto
"O BNG debe recoller as inquedanzas de toda a veciñanza e analizar a viabilidade dos proxectos artellados con cartos públicos” dixo Daniel Castro
Candidatas e candidatos do BNG por Lugo ás eleccións do 23J estiveron acompañados por cargos orgánicos e institucionais da formación nacionalista do Sur de Lugo
Monforte de Lemos, 25 de xuño de 2023. Ademais da vista a Monforte de Lemos o cabeza de lista do BNG ao Congreso por Lugo, Daniel Castro, e a candidata ao Senado, Rosana Prieto, mativeron unha xuntanza con integrantes da plataforma Salvemos o Malecón de Monforte. Daniel Castro explicou "que debemos de facer do sur de Lugo un lugar máis atractivo para a mocidade xa que está a sufrir un importante avenllentamento na súa poboación" e engadiu "é importante a creación de asociacións e plataformas que defendan o seu patrimonio e un desenrolo sostible do seu entorno". "O BNG debe recoller as inquedanzas de toda a veciñanza e analizar a viabilidade dos proxectos artellados con cartos públicos” dixo Daniel Castro
Durante a xuntanza a plataforma Salvemos o Malecón expuxo, na sede nacionalista, os seus obxectivos. Trátase dun movemento cidadá que xorde pola preocupación da veciñanza por preservar un dos lugares máis emblemáticos da cidade. Tanto dende o BNG como dende a plataforma Salvemos o Malecón traballase para evitar a construción dunha xigantesca ponte destinada ao tráfico no Paseo do Malecón, por considerar que non é necesaria e que desvirtuaría o valor desta zona de xeito irreversíble. Para a construción, pretendida, destas novas infraestruturas faise necesario o achegamento de fondos públicos de administración supramunicipais.
Dende o BNG valorouse positivamente a presentación de proxectos alternativos que alonxan o tráfico innecesario de vehículos a motor do entorno do río priorizanado ás persoas. No caso de Monforte a alternativa ao peche de tráfico pola Ponte Vella pasa por facer un uso máis responsable dos medios de transporte, sen necesidade de construír novas e costosas infraestruturas de acceso ao tráfico a motos, e moito menos na zona do Malecón. Na cidade existe unha marxe de mellora na reorganización do tráfico de xeito que se poderían optimizar recorridos, tanto en tempo como en distancia e fluxo de vehículos.