O deputada do BNG, Olalla Rodil, e o consultor, Xosé Manuel Golpe, falarán sobre a estafa da suba da luz en Vilalba
O Bloque organiza un acto público sobre a situación de Galiza como produtora eléctrica e as repercusións ás consumidoras e consumidores
Será este domingo ás 12:30 horas no Restaurante Terra Chá de Vilalba
Vilalba, 01 de outubro de 2021.- O Bloque Nacionalista Galego organiza un acto público este domingo, 3 de outubro, ás 12:30 horas no Restaurante Terra Chá de Vilalba sobre a estafa da suba da luz e o papel de Galiza como produtora de enerxía eléctrica.
Contará coas intervencións de Pilar Prieto, responsábel local do BNG en Vilalba, a deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, e o consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe.
Dentro da campaña A suba da luz é unha estafa. O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro a organización frontista reivindica a aplicación de medidas e políticas positivas para Galiza dentro do marco eléctrico, dado o seu papel produtor. Porén, presenta diferentes iniciativas, como o impulso dunha tarifa eléctrica galega, o rebaixe do IVE até o 4%, garantir a subministración eléctrica a toda a poboación e contar cunha empresa pública galega de enerxía.
De igual xeito, falarase tamén sobre o impacto socioeconómic do “boom” eólico que Galiza está pasando. Vilalba atópase afectada por este fenómeno cos parques eólicos Mistral e Santuario.