A deputada galega Montse Valcárcel visita a XXV Feira de Artesanía de Samos acompañada da alcaldesa Chus López e da deputada provincial Iria Castro
"Samos ten un potencial inmenso que se debe impulsar para que sexa un referente da comarca sarriá", afirmou Valcárcel, que puxo en valor o traballo do tecido asociativo e artesanal do concello
11 ago. 2025 - 09:00
Samos, 10 de agosto de 2025.– A deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Valcárcel, visitou este sábado a XXV Feira de Artesanía de Samos, onde estivo acompañada pola alcaldesa nacionalista Chus López e pola deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, ademais de militantes, representantes locais do Bloque e veciñanza da comarca.
A feira, xa consolidada como unha das citas culturais e artesanais máis destacadas da comarca de Sarria, foi organizada pola Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos, en colaboración co Concello e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Esta edición contou con preto de 30 expositores que amosaron unha ampla variedade de produtos elaborados artesanalmente, dende cerámica e coiro ata téxtil, madeira ou produtos de alimentación tradicional. Ademais, desenvolvéronse ao longo da xornada obradoiros demostrativos e actuacións de grupos de música tradicional que encheron o centro de Samos de vida e cultura popular.
Montse Valcárcel destacou a importancia deste tipo de eventos como ferramentas fundamentais para a dinamización socioeconómica do rural: "Samos ten un potencial inmenso que se debe impulsar para que sexa un referente da comarca sarriá, non só pola súa paisaxe e patrimonio, senón tamén pola súa xente, polos seus oficios e pola capacidade de crear iniciativas colectivas como esta feira, que xa cumpre 25 anos de traxectoria".
A deputada nacionalista aproveitou a ocasión para reivindicar políticas activas de apoio ao sector artesanal galego, un sector que, segundo indicou, "non só conserva e transmite a nosa identidade, senón que pode xerar emprego digno e fixar poboación no rural se conta co respaldo e os recursos necesarios". Nese sentido, Valcárcel reclamou "programas de formación, liñas de axudas directas e campañas de promoción institucional para visibilizar e garantir o relevo xeracional dos oficios tradicionais".
"Non podemos permitir que se perda o coñecemento que xeración tras xeración foi transmitido a través dos oficios artesáns. Debemos garantir que todas aquelas persoas que queiran dedicarse a isto, poidan facelo sen impedimentos, e que o valor engadido do feito a man, coas nosas materias primas e segundo as nosas tradicións, sexa recoñecido como merece", insistiu.
Pola súa banda, a alcaldesa de Samos, Chus López, salientou o orgullo que supón para o municipio contar cunha feira tan arraigada e recoñecida: "Esta feira non só é un escaparate da nosa artesanía, é tamén un punto de encontro, unha ferramenta de dinamización do noso comercio local e unha mostra de que cando a veciñanza se implica e hai apoio institucional, poden facerse cousas moi grandes mesmo nun concello pequeno como o noso".
A visita rematou cun percorrido polos distintos postos da feira, nos que as representantes nacionalistas puideron conversar coas persoas artesás, coñecer os seus produtos e escoitar de primeira man as súas demandas. Montse Valcárcel concluíu agradecendo expresamente o traballo dos e das artesás, "porque son quen lle dan sentido a esta feira e quen amosan, con cada peza, o enorme talento e potencial que temos neste país. Esta feira é un exemplo claro de como cultura, tradición e futuro poden ir da man cando hai vontade política e compromiso coa terra".