O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas ‘Mini’, e o consultor, Xosé Manuel Golpe, falarán sobre o espolio enerxético e a Lei de terras agrarias en Friol
O Bloque organiza un acto público sobre o modelo enerxético e, tamén, a situación do agro coa nova Lei de terras agrarias
Será este xoves ás 21:30 horas no centro sociocultural de Friol
Friol, 16 de xuño de 2021.- O Bloque Nacionalista Galego organiza un acto público este xoves, 17 de xuño, ás 21:30 horas no centro sociocultural de Friol sobre o espolio enerxético que está a sufrir Galiza a causa do boom eólico e, tamén, compartiranse impresións sobre a nova Lei de terras agrarias aprobada recentemente polo Partido Popular no Parlamento galego.
Contará coas intervencións de Concha Blanco, membro do BNG en Friol, o deputado e portavoz de agricultura do BNG no Parlamento galego, Xosé Luís Rivas ‘Mini’, e o consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe.
Dentro da campaña Nin Espolio, Nin Depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega a organización frontista denuncia o boom eólico que se está a producir no noso país, o que conta co benéplacito dos gobernos tanto da Xunta de Galiza como do Estado en favor dos intereses das grandes empresas enerxéticas. En Friol existen proxectos dentro deste fenómeno empresarial como o de Borrallos ou Monte Cordal.
De igual xeito, trasladarase os efectos que producirá nova Lei do Partido Popular sobre os usos da terra agraria e a súa repercusión no modelo de rural que quere impor o goberno de Núñez Feixóo.